El avance de las obras de peatonalización del Casco histórico obliga a cambiar la circulación de salida del recinto amurallado

Previsiblementeya desde la próxima semana, los vehículos, que podrán seguir entrando por Bispo Odoario y rúa do Teatro, volverán a la Rolda da Muralla por Quiroga Ballesteros, rúa San Froilán y San Fernando.

El tráfico en rúa Nova quedará restringido exclusivamente para residentes y camiones de la adjudicataria de los trabajos en el entorno de Montevideo.

Debido al incremento de la superficie nueva pavimentada, que hace falta proteger, no podrán transitar por la zona, salvo casos excepcionales previamente autorizados, vehículos que superen los 3.500 kg. Los de mayor tonelaje deberán acceder por el resto de entradas habilitadas.

Miércoles, 22 de mayo de 2024
Fuente: 
Gabinete de Prensa
El avance de las obras de peatonalización del Casco histórico obliga a cambiar la circulación de salida del recinto amurallado

Cando só faltan uns días para que conclúa a peonalización e humanización da Praza do Ferrol, os outros dous proxectos enmarcados na estratexia Lugo, Corazón Verde entre Murallas continúan avanzando nas diferentes fases de execución.

E, debido a que a intervención entre a porta Bispo Odoario e a Praza do Ferrol necesita ampliar o seu ámbito de actuación, será preciso introducir cambios no Plan de Tráfico - vinculado á obra - que rexe, actualmente, a circulación no Centro Histórico.

Así, o Executivo local informou hoxe de que a inicios da vindeira semana (previsiblemente a partir do luns) – e para o que xa se está a colocar a sinalización correspondente – entrarán en vigor novas limitacións.

Se ben a entrada ao recinto amurallado seguirá podendo facerse pola rúa Montevideo (cun único sentido de circulación), a saída terá que realizarse agora por San Fernando.

Desta maneira, se circulará por Bolaño Rivadeneira en sentido ascendente ata chegar á intersección coa rúa Quiroga Ballesteros, pola que se continuará, tamén cun único sentido de circulación, ata chegar ao cruzamento coa rúa San Froilán para conectar con San Fernando e realizar, aí, a saída á Rolda da Muralla.

Igualmente, na rúa Bolaño Ribadeneira, no tramo final no que se acometerán as obras (comprendido entre a intersección coa Praza do Ferrol e a rúa Quiroga Ballesteros) o sentido de circulación será único e en dirección descendente, de forma que descorrerá, logo, pola rúa Quiroga Ballesteros seguindo o percorrido anteriormente sinalado (rúa San Froilán e Porta de San Fernando).

A rúa Ramón y Cajal (vía de acceso ao parking) manterá os dous sentidos de circulación, un de entrada e outro de saída.

Con esta nova ordenación motivada polo progreso dos traballos, a rúa Nova estará disposta únicamente para entrada e saída de vehículos de obra e residentes, quedando libre do resto de tráfico e posibilitando, así, a ocupación precisa para os labores en condicións de seguridade para todas as persoas usuarias da zona de influencia o que, se agarda, redunde igualmente na axilidade coa que se van poder desenvolver as tarefas.

Porén, debido a que en todo o ámbito desta estratexia de peonalización se incrementou considerablemente a superficie nova xa pavimentada – e que cómpre protexer - non poderán transitar pola mesma, salvo casos excepcionais previamente autorizados polo Concello, aqueles vehículos que superen os 3.500 kg, de xeito que os que excedan esta tonelaxe deberán acceder ao Centro Histórico polo resto de entradas e saídas habilitadas (rúa Vilalba, porta de Santiago, Campo Castelo, etc).

Quedarán exentos desa restrición os vehículos pertencentes á empresa que acomete a peonalización en Santo Domingo, permitíndolle realizar a entrada e saída de maquinaria á súa obra pola rúa doTeatro cara a Rolda da Muralla, unicamente utilizando o carril que non está pavimentado de granito.

A Policía Local reforzará a divulgación destas novas limitacións – que favorecerán a que os traballos se poidan executar con maior celeridade -  coa presenza, dende a súa aplicación, de axentes nos enclaves máis sensibles e supervisará o cumprimento destas novas medidas que se establecen de acordo e suxeitas ao Plan de Obra previsto para as vindeiras semanas.

Así mesmo, os diferentes servizos municipais continúan traballando na elaboración da futura Ordenanza de Circulación, dentro da que tamén se incluirá o regulamento da Zona de Baixas Emisións que se implantará no ámbito do Centro Histórico e cuxo contido se dará a coñecer ao público cando se dispoña do borrador definitivo (co fin de non xerar, mentres tanto, confunsións ao respecto das medidas de aplicación), para que a cidadanía poida realizar as súas achegas e suxestións ao documento.

A este respecto, o Goberno local lamenta que o Decreto que recolle estas últimas modificacións se filtrase de xeito interesado, anticipadamente á súa entrada en vigor de maneira oficial, para “alimentar o ruído en torno á estratexia Corazón Verde entre Murallas” e, en tanto e, sobre todo, polo agravio directo que supón para os colectivos con representación no Centro Histórico aos que o Concello, por compromiso da alcaldesa Paula Alvarellos, traslada coa suficiente antelación toda a información relativa ás obras como principais afectados do alcance das medidas que se adoptan.

Audio

  • La edil Ana Abelleira, sobre las obras del centro | Descargar mp3

Noticias relacionadas