El alcalde de Lugo, Miguel Fernández, participó en la presentación del programa Incorpora, que facilita la inserción laboral de las personas con diversidad funcional en el servicio LuceLugo.
La formación incluye capacitación técnica y transversal, además de prácticas en EcoLugo, la concesionaria del servicio de limpieza vial de la ciudad.
"La mejor forma de avanzar hacia la inclusión real es ofrecer programas que permitan acceder a un empleo digno", destacó Miguel Fernández.

A área de Transición Ecolóxica do Concello de Lugo e COGAMI presentaron hoxe na sede da entidade unha nova edición do programa Incorpora, unha iniciativa que busca facilitar a inserción laboral das persoas con diversidade funcional no sector da limpeza viaria. No acto participou o alcalde de Lugo, Miguel Fernández, acompañado polo director técnico de explotación de EcoLugo, José Carlos Díaz, e o director do CRD-Fingoi, Juan Gude, ademais de formadores e técnicos do programa.
“A mellor forma de avanzar cara á inclusión real é ofrecer programas que permitan acceder a un emprego digno”, sinalou o alcalde de Lugo, quen puxo en valor o compromiso do Concello coas políticas de inserción laboral e a colaboración entre entidades para xerar oportunidades reais. Fernández destacou que o emprego é a clave para garantir autonomía e igualdade de oportunidades e que este tipo de formacións “permiten romper barreiras e eliminar prexuízos sobre as capacidades das persoas con diversidade funcional”.
O programa desenvolverase entre o 21 de marzo e o 12 de xuño, con sesións de formación en horario de mañá na sede de COGAMI. A capacitación inclúe unha formación técnica de 70 horas sobre os procesos de limpeza viaria e xestión de residuos, que impartirá Ana Díaz, ademais dun módulo de competencias transversais de 80 horas a cargo de Carla Fernández, no que se traballarán habilidades como a comunicación, o traballo en equipo, a xestión emocional e a resolución de conflitos. Os participantes tamén recibirán 20 horas de formación dixital para mellorar as súas competencias tecnolóxicas. A última fase do programa serán as prácticas non laborais, cunha duración de 130 horas, que se desenvolverán en EcoLugo, permitíndolles adquirir experiencia real e mellorar as súas posibilidades de acceso ao mercado de traballo.
Fernández tamén destacou a importancia de que as prácticas se realicen nun servizo de referencia como LuceLugo, que en 2024 foi recoñecido coa Escoba de Platino pola súa excelencia na xestión da limpeza urbana. “Ofrecer oportunidades de formación e emprego nun servizo modélico non só garante aprendizaxes de calidade, senón que permite avanzar cara a unha cidade máis sostible, onde a limpeza e o coidado do espazo público sexan unha prioridade”, afirmou o rexedor.
O alcalde concluíu agradecendo o traballo de COGAMI, EcoLugo e todas as entidades implicadas, subliñando que “Lugo é unha cidade de oportunidades, na que ninguén debe quedar atrás. Con programas como este, reforzamos a cohesión social e seguimos traballando por un futuro no que todas e todos teñamos as mesmas posibilidades de acceder a un emprego estable e de calidade”.
Audio
- O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, sobre as novas oportunidades laborais no servizo de limpeza viaria | Descargar mp3



