Presentación CD Escola Municipal Música Lugo

O pasado día 20 de decembro de 2016 a Escola Municipal de Música presentou o primeiro disco do centro no MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo) as 20h.

O cd contén 17 pistas e foi gravado en Abrigueiro Estudios de Friol entre os meses de xuño e novembro de 2016; nas sesións de gravación participaron nenos/as dende os 8 anos ata adultos xa xubilados, todos eles alumnos/a da Escola Municipal de Música. As agrupacións participantes foron as seguintes por orden de aparición no cd:

  • Big Band: Dirección, Adrián Lage Blanco.
  • Grupo de Clarinetes: Dirección, Julián Villamor Regueiro.
  • Grupo de Tambores Infantil: Dirección, Efraím Díaz.
  • Charanga: Dirección, Carlos Méndez Castro.
  • Grupo Didáctico de Pito Galego: Dirección, Efraím Díaz.
  • Grupo Tradicional: Dirección, Julián Villamor Regueiro.
  • Grupo de Metais Graves: Dirección, Aquilino Piñeiro Costas.
  • Coro Moderno: Dirección, Noelia González Rodríguez.
  • Grupo de Pandeiretas: Dirección, Mª Mercedes Autrán Romero.
  • Grupo de Tambores Adultos: Dirección, Efraím Díaz.

Portada do disco:

 

O repertorio contido no disco é o seguinte:

  1. “Watermelon Man”………………….4:54
  2. “O Son do Ar”………………………..2:21
  3. “O Carro”……………………………..3:05
  4. “Medley Rumbas”…………………..3:18
  5. “Non, Je Ne Regrette Rien”……….2:24
  6. “Danza das Burgas”………………..1:21
  7.  “Se Chove”…………………………...5:29
  8. “Moonglow”…………………………..3:23
  9. “Let Me Wait”…………………………3:20
  10. “Balada Galega”……………………..4:31
  11. “Argallada de San Froilán”………...3:13
  12. “Estudo 4”…………………………….0:48
  13. “Xota Danzarica”…………………….0:33
  14. “Arriba Gaiteiro”……………………..2:34
  15. “Gallo Rojo, Gallo Negro”………….4:22
  16. “Rumba de Ramiro”…………………2:49
  17. “Over My Head”………………………2:36

A coordinación do proxecto correu a cargo de Efraím Díaz, Xefe de Estudos do centro, o deseño gráfico a cargo de Antonio Mourín e a xestión dixital e executiva a cargo Arco Iris Music (Lugo). O disco está editado polo Concello de Lugo a través da Concellería de Educación e Infraestructuras Urbanas e a Escola Municipal de Música.

Disco