O Concello de Lugo leva invertido en programas de promoción do emprego e formación máis de 36 millóns de euros

López Orozco sinalou que dende que é Alcalde a prioridade do seu equipo de goberno é paliar o desemprego

Miércoles, 04 de febrero de 2015
Fuente: 
Gabinete de Prensa
O Alcalde, José López Orozco, acompañado polo Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, e a Concelleira de Economía,  Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, presentaron un balance da inversión do Concello de Lugo materia de emprego e formación.
 
Así, o Concello de Lugo, dende o ano 1999, invertiu en axudas e programas de creación de emprego e formación máis de 36 millóns de euros sen contar os custes de persoal que se se suman poderían chegar aos 40 millóns de euros.  “Esto significa que en cada unha das lexislaturas invertimos unha media de 9 millóns de euros só en materia de emprego o que mostra a importancia que para nós ten a creación de emprego” sinalou o Alcalde.
 
O outro gran acerto na promoción do emprego foi a creación do CEI-Nodus que ao longo destes dez anos ofreceu asesoramento a máis de 3.000 proxectos dos que alomenos fructificaron 400 empresas e que xeraron en torno a 500 novos postos de traballo.
 
Ademais, da xestión da ocupación dos despachos, semilleiros e laboratorios tamén se realiza unha importante labor de difusión e formación a emprendedores e estudantes, en moitas ocasións en colaboración con outras entidades, nos que se estima que máis de 5.000 persoas participaron nas diferentes actividades realizadas como cursos, visitas ou charlas de orientación.
 
Algún dos proxectos levados a cabo durantes estes anos polo Concello de Lugo son o Plan Urban, o programa Lugo, abriendo caminos, o taller de emprego Urbs Lucus, o taller de emprego Arqueo Lucus ou o Muralla Dixital, Lugoqualitas ou o Europe Direct.
 
Neste sentido, López Orozco, tamén reivindicou que os Concellos poidan seguir traballando en materia de emprego, materia recortada pola Lei modernización das administracións locais de Rajoy, xa que "somos a administración máis próxima ao cidadán e coñecemos mellor as súas necesidades".  
 
“Sabendo as competencias que temos e que por riba nos quitan as referidas ao emprego solo agardamos que o Tribunal Constitucional declare esa lei antiinstitucional para poder seguir contribuíndo cando menos a formar e posibilitar que haxa empresas que contraten a traballadores” reivindicou o Alcalde.
 
López Orozco tamén se mostrou preocupado “polas declaracións do señor Castiñeira sobre a proposta de reducir en tres millóns de euros nos investimentos que facemos o Concello de Lugo a favor dos desempregados lucenses e esto para min é unha gran preocupación que quero denunciar”.