Rematada a obra de asfaltado e acondicionamento da rúa Otero Pedrayo

Lunes, 16 de julio de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A concelleira de Infraestruturas e Axenda 21 do concello de Lugo, a nacionalista Paz Abraira, visitou as obras da Rúa Otero que comezaran en xaneiro deste ano. Con esta obra remata a renovación das infraestruturas, beirarrúas e asfaltado desta rúa da cidade. A obra dividiuse en dúas fases. Nunha fase anterior executárase o tramo comprendido entre a Avda. da Coruña e a rúa Rio Eo. Nesta segunda fase adecuouse o tramo que vai desde intersección coa Rúa Rio Eo ata a intersección coa Rúa Rio Sil. Con esta segunda fase dáse por rematada a obra que supuxo a total renovación do vial.

A antigüidade do sistema de alcantarillado facía moi frecuentes os atascos e avarías, coas molestias que isto acarrexaba a esta zona da cidade densamente poboada. Paz Abraira, edil de Infraestruturas e Axenda 21, remarcou que este proxecto, redactado polo Servizo de Enxeñería do Concello de Lugo, mellora de xeito notable a calidade de vida da veciñanza e cumpre ademais cun dos obxectivos da Axenda 21 Local no referente ao aforro e calidade da auga.

O proxecto encadrouse dentro do marco de actuacións municipais de renovación de tuberías de abastecemento de fibrocemento por novas tubarias de fundición, así como renovación de canais e tubarias de saneamento que ocasionaban filtracións de augas fecais no terreo. A renovación conlevou ademais a renovación de pavimentos, así como a execución da obra civil necesaria para as canalizacións de alumeado público.

Esta obra esta enmarcada dentro dun convenio coa Deputación Provincial de Lugo. A empresa adxudicataria foi a lucense SANLE, ascendendo o contrato a un montante de 195.650,43 €. Cumpríronse os prazos de execución previamente marcados.

A maiores da obra planificada tamén se realizou unha actuación complementaria para aliviar o caudal de augas cun entronque ata a Rúa do Pombal diversificando así a canalización da mesma. Esta actuación complementaria supuxo unha inversión de máis de 12.000 € realizada polo Departamento de Medio Ambiente.

Coñeza o estado das obras en marcha.

Multimedia