Hoxe comezaron as obras de demolición das cinco edificacións do barrio Paradai

Lunes, 21 de octubre de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polo Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, e a Deputada de Economía e Facenda, Pilar García Porto, visitaron o comezo das obras de demolición das edificacións de Paradai de Abaixo.

López Orozco sinalou que “unha vez máis estamos en Paradai para demostrar pola via dos feitos que nós sempre cumprimos os compromisos, agora esperemos que a Xunta non poña ningunha outra disculpa para non facer as obras do Plan Paradai”.  Ademais referiuse a que “nunca houbo vontade política para facer estes viais porque se a hobura poderían ter comezado por outro lado sen a necesidade de demoler estas edificacións, a ver que excusa poñen agora”.

O Concello de Lugo entregou os terreos para os viais á Xunta totalmente libre de cargas, como eles mesmos recoñeceron, para poder comezar as obras pero ante as diferentes desculpas “tivemos que actuar poñendonos de acordo o Concello e a Deputación para que non sigan alongando este situación” declarou López Orozco.

O Alcalde de Lugo tamén anunciou que a Xunta de Compensación xa chegou a un acordo para cambiar a edificabilidade desa unidade de actuación para outros terreos municipais de maneira que todo quede unha gran zona verde que lle dé continuidade ao parque periurbano da cidade. Con esta actuación quedará unha terraza natural moi grande que vai permitire un mellor espazo urbano para os veciños do Sagrado Corazón e das Gándaras e “para todos os veciños que queiran vir a desfrutalo”.

López Orozco tamén sinalou que “estou moi satisfeito polo traballo realizado tanto polo servizo de urbanismo do Concello como por parte da Deputación de Lugo e agradecido cos propietarios que sen renunciar aos seus dereitos urbanísticos cederon este espazo a cambio doutras zonas”.

Multimedia