Dende o próximo luns 16 de abril quedará pechada a Caixa Municipal

Viernes, 13 de abril de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Dende a Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos infórmase que a partir do vindeiro 16 de abril a Caixa Municipal sita no Servizo de Tesourería Municipal quedará pechada. Dende esa data, o Concello, única administración que dispoñía de tal servizo, todos os pagamentos realizaranse nas entidades colaboradoras de recadación, Novagalicia Banco, La Caixa e BBVA, que contan con numerosas oficinas nas proximidades do edificio administrativo.

Esta decisión, baseada en informes técnicos, levouse a cabo por dous motivos. En primeiro lugar, pola obrigación de adoptar medidas de seguridade similares ás das entidades bancarias, o que suporía un custe adicional ao Concello, e, en segundo lugar, a redución de costes innecesarios xa que con esta medida a entidade municipal aforrará 10.000 euros anuais, que é o custe de trasladar o diñeiro das oficinas ás entidades bancarias.

Na Tesourería Municipal quedará aberta unha ventanilla de información na que se facilitarán os recibos e cartas de pagamento para acudir ás entidades colaboradoras, sen prexuízo de que cada servizo municipal informe ós interesados de que os pagamentos relativos ós correspondentes expedientes tramitados se realizarán nas entidades colaboradoras, e podan, de ser o caso, facilitar tamén os oportunos documentos de pago. Neste sentido, o persoal que se ocupaba deste servizo vai realizar tarefas de pago a provedores co cal axilizarase, aínda máis, dita xestión.