Suspéndese temporalmente o servizo de préstamo de bicicletas do Concello

Viernes, 30 de diciembre de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O servizo de préstamo de bicicletas que ofrece o Concello suspéndese temporalmente, segundo anunciou hoxe o Alcalde, José López Orozco.

A decisión de interromper temporalmente este servizo tómase neste momento porque esta é a época do ano na que as bicicletas son menos utilizadas e está previsto que para a primavera se reanude o préstamo das bicicletas.

O Alcalde explicou que durante este tempo arranxaranse os problemas técnicos, de tipo eléctrico e electrónico, que se producen en dúas das cinco bases das bicicletas; tamén se aproveitará o período de interrupción do servizo para cambiar o software por un que permita facer un mellor seguimento das bicis e para arranxar as que teñen desperfectos.

http://www.lugo.es/ws/rebiciclate