Mañá martes ábrese o prazo de pagamento do IBI e dos vados

Martes, 20 de septiembre de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Mañá martes 20 de setembro ábrese o prazo para aboar o imposto sobre bens inmobles de natureza urbana e rústica e as taxas por aproveitamento especial da vía pública con entradas de vehículos. O prazo para facer o pago en período voluntario será de dous meses en ambas

Este ano o Concello de Lugo porá ó cobro 99.345 recibos do imposto sobre bens inmobles e 3.816 recibos do impostos por vados de vehículos. No primeiro caso ascende o importe total da liquidación é de 17.212.325,93 euros, no segundo dos casos comprende 573.832,93 euros.

O número de recibos do imposto de bens inmobles de natureza urbana que se poñen ó cobro é de 85.718 e 13.627 de natureza rústica. No primeiro caso o importe ascende a 17.154.405,43 euros e, no segundo, a 57.920,50 euros.

O incremento respecto ó ano 2010 é de 2.065 recibos de urbana, o que supón un 2,4% máis, é de 812.400,66 euros, que representan un aumento do 4,9%.

No caso da rústica, o aumento é de 641 recibos, é dicir un 4,9% de aumento respecto ó ano 2010, e de 834,72 euros, que supón un 1,4% máis.

O ano pasado o Concello puxo ó cobro 83.653 recibos de urbana por un importe de 16.342.005,55 euros e 12.986 recibos de rústica por importe de 57.085,78 euros.

No caso da taxa de vados, en relación co 2010, aumentáronse en 102 os recibos que se poñen a cobro o que incrementa nun 2,75% a liquidación, o que se traduce en 13.333,64 euros máis que no período anterior.

Pode efectuar o pago desde:

  • Aplicación Pagamento de Recibos on-line
  • Carpeta Cidadá : A Carpeta Cidadá é un espazo virtual no que se ubican os nosos datos persoais, os nosos datos fiscais, a información sobre as nosas multas e desde o cal poderemos aboar os nosos recibos municipais, descargar certificados ou documentos solicitados electrónicamente, ou acceder á información sobre o estado de tramitación telemática dos nosos expedientes.