O próximo luns 4 comezan as exposicións para ver os traballos dos diferentes obradoiros socioculturais

Viernes, 01 de junio de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Dende a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, infórmase que dende o próximo luns 4 de xuño poderá visitarse as exposicións polo remate dos obradoiros de animación sociocultural que se estiveron desenvolvendo ata agora. Desta maneira, os centros de convivencia do Concello recollen, como ven sendo habitual nos últimos anos, unha exposición na que poderemos ver os traballos realizados por alumnos e alumnas que acudiron ás actividades de pintura, labores, ou traballos manuais.

Estas mostras poden visitarse do 4 ao 10 de xuño nos centros de Fingoi, Sagrado Corazón e Maruja Mallo. No caso do centro de convivencia de Lamas de Prado poderá facerse entre os días 4 e 17 de xuño e no Uxío Novoneyra do 11 ao 17 de xuño.

A inauguración das mostras están previstas para o día 4 de xuño en Fingoi, o 5 no Maruja Mallo, o día 6 no centro de Lamas de Prado, o día 8 no Sagrado Corazón e, finalmente o martes 12 no Uxío Novoneyra.

Máis información sobre os Centros de Convivencia do Concello de Lugo.