O Concello e La Caixa asinaron un convenio de colaboración para o Arde Lucus

Viernes, 22 de junio de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e o Director de Área de Negocio de Lugo de Caixabank S.A (La Caixa), José Manuel Caamaño Lago, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a realización de espectáculos no Arde Lucus.

Carmen Basadre explicou que “con este convenio nos apoian economicamente por primeira vez o que nos vai permitir ter unha mellor capacidade para o mantemento de espectáculos”. Ademais salientou que non lle cabía ningunha dúbida da colaboración desta entidade que ten un gran compromiso con esta cidade para a difusión do patrimonio e da cultura da cidade.

Pola súa parte, Caamaño Lago, referiuse a que “este é un compromiso coa sociedade lucense para dar a coñecer a nosa cultura e o patrimonio” tamén explicou que “queremos reafirmar este compromiso de colaborar coa festa do Arde Lucus e que este sexa o comezo de moitas máis veces”.

Desta maneira, La Caixa, apoia económicamente o Arde Lucus coa cantidade de 12.000 euros e, ademais, instalará unha carpa nun dos laterais do Concello para que os pais e nais poidan atender as necesidade dos bebés nunha zona de descanso e con cambiadores de pañais.

ONCE
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, tamén informou que hai dispoñible varios exemplares do programa do Arde Lucus en braille. Poderan atoparse no posto que o Concello vai poñer no Macellum, na Casa do Concello, na Deputación de Lugo, na Delegación da ONCE en Lugo, e nas oficinas de Turismo da cidade.

Multimedia