O Alcalde recibe ós sindicatos de Correos

Martes, 31 de enero de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, recibiu hoxe unha representación dos sindicatos de Correos en Lugo que lle entregaron un escrito sobre a situación da empresa postal na nosa cidade, no que denuncian a supresión de postos de traballo e o conseguinte atraso na repartición de envíos postais..

Na reunión que mantivo con representantes dos sindicatos CSI-F, CCOO, CIG e Sindicato Libre de Correos o Alcalde comprometeuse a dar traslado das súas demandas á Xunta de portavoces do Concello co obxectivo de presentar unha iniciativa conxunta no próximo pleno da Corporación municipal.