O Concello de Lugo publica ...drogas,violencia ...unha cuestión de xénero...

Lunes, 01 de diciembre de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou hoxe unha nova publicación do Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo : …drogas, violencia…unha cuestión de xénero...

Con esta publicación preténdese abordar algunhas das problemáticas sociais máis importantes da actualidade: as drogodependencias e a  violencia de xénero. Ainda que  o consumo de drogas non é a causa da violencia sí que poder ter unha correlación cos factores desencadenantes da mesma. Os efectos do consumo das sustancias inflúen no estado psíquico da persoa agresora, aumentando a súa violencia e anulando o comportamento racional. As drogas poden incrementar a probabilidade, frecuencia e gravidade da violencia.

O obxectivo que persigue o Concello de Lugo con esta guía é que a cidadanía comprenda as consecuencias negativas que teñen as drogadiccións nas persoas, e neste caso, especialmente nas mulleres. Ademáis, preténdese que coa información, educación, atención e prevención das drogodependencias tratar de acabar cos malos tratos.

Esta nova publicación do Concello recolle temas tan relevantes como:

-A situación das drogas na actualidade: os conceptos básicos, a clasificación das drogas e os seus efectos, etapas dos procesos de adicción e a evolución do consumo de drogas.

- O modelo social das desigualdades: no que se trata de explicar a socialización da muller, as drogodependencias en clave de xénero, os factores de risco asociados ao consumo de sustancias nas mulleres e as súas motivacións persoais para facelo, as drogas e as agresións sexuais, e a atención as drogodependencias dende a perspectiva de xénero.

- A violencia de xénero: neste apartado diferénciase entre agresividade e violencia, a relación entre a violencia e as drogas, os tipos de violencia, o agresor, a vítima, a violencia na parella, o ciclo da violencia, as consecuencias desta na familia, os mitos e crenzas a cerca da violencia e a prostitución.

-A prevención da violencia de xénero, sobretodo, educando na igualdade.
- A publicación inclúe tamén un apartado sobre lexislación e recursos para poder actuar ante unha situación de maltrato ou a posibilidade de que esta se produzca.

Editáronse uns 1.500 exemplares que serán repartidos nos Centros Educativos da cidade, nas Ociotecas e no Servizo Municipal de Drogodependencias situado no terceiro andar do Uxío Novoneyra.

Máis información