"Fingoi coas Letras 2011" programa unha visita a Monforte de Lemos

Martes, 03 de mayo de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Centro de Convivencia de Fingoi, dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade, e a Deputación Provincial de Lugo, a través do programa Km0, programan unha visita a Monforte de Lemos para o vindeiro martes día 10 de maio.

O itinerario do Km0 Monforte na Historia inclúe a recepción na Excma. Deputación de Lugo, visita ao Mazo de Santa Comba, xantar en Monforte e visita ao Escolapios coa pinacoteca obras do Greco. Tamén se visitará a Casa da Cultura de Monforte coa exposición sobre a vida e obra de Lois Pereiro a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

Esta excursión está destinada aos usuarios do Centro de Convivencia de Fingoi e dos demais centros do Concello de Lugo, se quedan prazas vacantes unha vez rematado o prazo de inscrición.

O prazo de inscrición é dende mañá martes día 3 de maio e ata o vindeiro 8 de maio, ou ben ata cubrir prazas, por orde de solicitude no propio centro.

 

Multimedia