Dezaseis bombeiros participan nun curso de FLASHOWER que se está a desenvolver durante esta semana en Lugo

Martes, 01 de marzo de 2011
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Tráfico e Protección da Comunidade, que dirixe José Rábade, organiza durante esta semana un curso de FLASHOWER, extinción de incendios en interiores, gases e explosións, que están a realizar un grupo de bombeiros de Lugo.

Onte, luns día 28 de febreiro, deu comezo o primeiro destes cursos, que se desenvolve ao longo de dúas xornadas, o primeiro día impártese a materia teórica, e o segundo día, realízase a parte práctica. En total, 16 horas en cada unha das dúas edicións do curso. Debido á materia impartida, estes cursos deben contar cun número determinado de alumnos, polo que establecéronse dous grupos traballo.

No primeiro dos cursos, que se celebrou no día de onte e durante o día de hoxe, están a participar oito bombeiros. O segundo curso, que se levará a cabo durante a xornada do xoves e do venres, participarán outros oito bombeiros.

O Parque de Bombeiros de Lugo conta con 50 profesionais que ao longo do ano realizan algún tipo de actividade formativa, tanto nas instalacións do Parque de Bombeiros de Lugo como en actividades que requiran algún desprazamento.

Multimedia