INCIDENCIAS POR MOR DO TEMPORAL DE NEVE

Viernes, 06 de febrero de 2009
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Protección Civil, Policía Local, e a empresa concesionaria da limpeza viaria traballaron esta mañá para evitar que a neve causara problemas na circulación.

Protección Civil comprobou que non houbera problemas nos accesos das zonas rurais e no Hospital de Calde.

A Policía Local rexistrou varias chamadas por colisión de vehículos que se saldaron con danos materiais e acordos amistosos entre os implicados. Estes accidentes producíanse nas rúas Frei Plácido Lemos, Quiroga, Pintor Corredoira, Jacinto Calvo, Tui, saída da Autovía con Benigno Rivera. Estas chamadas rexistráronse entre ás  9 e as 10 horas.

A empresa Urbaser estivo a botar sal en varias rúas da cidade desde as 7 horas, atendendo en primeiro lugar aos centros médicos e colexios, Illas Canarias, Casás, Sagrado Corazón, Ramón Ferreiro, Carlos Azcárraga e paso elevado, Miguel de Cervante e praza de Conde Fontao, Fontiñas, Carril das Flores, Carril dos Indios, zona de Catasol, avda. Américas, Fonte dos Ranchos e Casco Histórico, Porta Falsa e ronda da Muralla entre outras. Empregaron 3000 Kilos de sal.

 

Os bombeiros de Lugo non recibiron ninguha chamada por emerxencia durante a mañá.