A Concellería de Muller crea un blog para conmemorar o centenario do Día Internacional das Mulleres

Lunes, 10 de marzo de 2008
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Dentro das distintas iniciativas que a Concellería de Muller e Benestar Social está levando a cabo para conmemorar o centenario da declaración do Día Internacional das Mulleres, a última novidade é a creación do blog “Mulleres: 100 Día Internacional das Mulleres” que se poderá visitar a partir deste sábado, 8 de marzo, en www.lugo.es.

Este blog trata de ofrecer un espacio de libre opinión e de encontro no que tratar temas de interese para as mulleres.

Ademais dun foro, ofrece un apartado na que as internautas poderán escribir as súas historias e un espacio de denuncia para difundir feitos, anuncios publicitarios e comportamentos machistas.