O Concello de Lugo activa o programa de Radares Xuvenís

Martes, 27 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozoco, asinou un convenio de colaboración entre o Concello de Lugo e sete institutos de ensinanza secundaria para a realización do proxecto Radares Xuvenís 2008.

O programa é unha proposta da Concellería de Xuventude, que dirixe Carmen Basdre, para acadar unha participación efectiva da poboación xuvenil nos diferentes sectores da sociedade actual. O seu principal obxectivo é coñecer as inquedanzas da xuventude da cidade, tratando de recompilar datos sobre os seus intereses e aficións, co fin de estructurar e programar actividades e recursos que atendan ás súas suxestións.

Coa realización deste programa o Concello de Lugo pretende manter unha relación máis cercana cos destinatarios das actividades e mellorar a comunicación entre os rapaces e a administración local.

Cada un dos institutos que colaboran co desenvolvemento do programa (A Nosa Señora dos Ollos Grandes, Politécnico, Poeta Manuel Leiras Pulpeiro, Lucus Augusti, A Piringalla, Anxel Fole e Xoán Montes), contarán con dúas rapazas ou rapaces que exercerán a labor de radares entre os seus compañeiros . Estes alumnos serán elixidos por unha comisión formada por tres persoas en cada centro: o orientador ou orientadora do centro ou outra persoa designada polo mesmo, unha persoa designada pola Concellería de Xuventude e unha persoa do programa municipal Previlugo. Esta comisión elixirá unha alumna ou un alumno de ESO e otra ou outro de educación secundaria postobligatoria. Os rapaces que exerzan de radares recibirán unha bolsa de 50 euros mensuais así como entradas gratuítas para os eventos organizados dende o Concello.

Obrigas dos radares
Os radares realizarán as labores de intermediación entre a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Lugo (OIX) e os alumnos do centro. Para elo debrán recoller o material na OIX e transmitila ós seus compañeiros animándoos a participar nas actividades e a aportar novas iniciativas e ideas durante dous recreos á semana na propia oficina creada ó efecto no centro. Os rapaces deberán manter o taboleiro informativo onde están ubicados os radares xuvenís e telo permanentemente organizado e actualizado. Ademais deberán informar das propostas ou suxestións recollidas no centro e achegalas ó Concello nos períodos establecidos.

Pola súa banda, o Concello de Lugo comprométese a destinar un total de 10.000 euros para a realización das actividades propostas polos radares de todos os centros colaboradores. Ademáis a Concellería de Xuventude asesorará, colaborará e dotará ós radares co material informativo necesario.

Co fin de analizar e avaliar os resultados crearase unha comisión mixta composta por os directores de cada un dos centros e a Concelleira de Xuventude e un técnico da súa Concellería.