O Concello organizou unha excursión a Marcelle para un grupo de nenos de etnia xitana

Miércoles, 14 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Muller e Servizos Sociais organizou unha excursión ao conxunto medioambiental de Marcelle Natureza para nenos e nenas de etnia xitana. A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, acompañou aos vinte rapaces do Poboado de Nazaret que gozaron esta mañá dunha visita guiada por este centro de ocio.

A saída tivo lugar ás 9:30 horas e rematou as 13:30 horas. Na excursión foron acompañados por monitores especializados que lles amosaron de preto a fauna exótica.