Remata o prazo para inscribirse no curso de baile do Servizo de Prevención de Drogodependencias

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodendencias celebrará nos meses de xuño e xullo un curso de baile de salón subvencionado polo Plan Nacional de Drogas dentro do programa +xtí.

O prazo de inscrición remata mañá, martes, e haberá un máximo de 20 parellas con idades comprendidas entre os 18 e os 45 anos. A inscrición pode realizarse nas oficinas do Servizo de Prevención das Drogodependencias entre as nove a a unha e media.

O curso celebrarase entre o 1 de xuño e o 20 de xullo en horario de nove a once os venres e os sábados de oito a once. A academia de baile Star Dance encargase das clases e porá o local para o curso, na Rúanova, 66, baixo. O día 21 de xullo levarase a cabo a clausura cunha exhibición e a entrega de premios.

As clases estarán a cargo de profesionais recoñecidos pola Federación Nacional e entregarase un diploma de asistencia de 45 horas. Incluiranse dentro do programa do curso samba, cha cha cha, pasodobre, rumba, bolero, jive, merengue, salsa e bachata.