Comeza un curso de formación básica de axuda a domicilio

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Un total de 15 persoas comezan o sábado o “Curso de formación básica de axuda a domicilio” que realizará unha empresa do sector coordinado e subvencionado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo gracias ao Plan Nacional de Drogas.

Este curso terá lugar todos os sábados, de nove e media a unha, até o 16 de xuño, no Centro Social Uxío Novoneyra, no terceiro andar. Unha vez rematada a formación teórica, comezará a impartirse a parte práctica, que se realizará supervisada de forma individual polos profesionais da empresa.

A lista de admitidos neste curso pode consultarse na web www.prevenciondrogas.lugo.es e tamén por teléfono no número 982 284 816.