Os tres aparcadoiros públicos serán accesibles esta primavera

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo abriu hoxe o proceso para a contratación das obras de supresión de barreiras arquitectónicas no aparcadoiro subterráneo da praza da Constitución.

Así se aprobou hoxe en Xunta de Goberno Local. Deste xeito, o Concello contará nos próximos meses con todos os seus aparcadoiros públicos accesibles, xa que Santo Domingo xa ten o ascensor en funcionamento e o de praza do Ferrol está en obras. Deste xeito cúmplense as promesas realizadas polo equipo de goberno nesta materia.

O proceso de contratación ábrese para a presentación de propostas por parte das empresas. O orzamento que destina o Concello a esta obra é de 59.702 euros cun prazo de execución de tres meses.

Esta última adxudicación a favor da accesibilidade entra dentro do plan seguido polo Concello en toda a cidade pola eliminación das barreiras, que derivou na concesión do premio Reina Sofía.

O día 7 de marzo será a propia Reina Sofía a que faga entrega deste galardón ao Alcalde de Lugo, en representación do Concello lucense.