Ágora Cultural presenta un libro que recopila dos seus premios de conto, cómic e fotografía

Martes, 13 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Asociación Ágora Cultural presenta mañá, xoves, a partir das sete da tarde, o seu primeiro libro de recopilación dos traballos premiados nos certames culturais organizados por este colectivo.

Así, foron tres as categorías nas que se celebraron estes concursos, conto, foto e cómic. Estes certamen arrincaron o 2000 e pecharon as súas edicións no 2003.

A presentación deste libro terá lugar no Salón de Plenos e serán as Concelleiras de Servizos Sociais e de Xuventude, Carmen Basadre e Rosana Rielo, as que acompañen ao autor do libro, José Blázquez nesta primeira exposición ao público.

Esta publicación conta co patrocinio do Concello de Lugo e da aportación da Dirección Xeral de Política Linguística.

Este grupo cultural ten realizadas numerosas activdades en Lugo en colaboración co Concello, case todas relacionadas coa literatura.

A presentación será aberta para todos os públicos e haberá exemplares do libro.