Lugo, Capital da Cultura do Eixo Atlántico, estrena nueva web en la que se puede consultar toda la información sobre la programación

A través de la página https://www.lugocapitaldacultura.com/ las personas interesadas podrán encontrar información actualizada de las actividades y eventos de esta cita transfronteriza.

El Auditorio Gustavo Freire acogerá el próximo jueves, a partir de las 19:30 horas, el evento inaugural con los conciertos de Abraham Cupeiro y la Orquesta Filarmónica de Braga.

Viernes, 17 de febrero de 2023
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Lugo, Capital da Cultura do Eixo Atlántico, estrena nueva web en la que se puede consultar toda la información sobre la programación

Lugo, Capital da Cultura do Eixo Atlántico, estrea nova web: https://www.lugocapitaldacultura.com/ A través desta páxina, os cidadáns e cidadás poderán atopar información actualizada sobre as actividades e eventos que acollerá o municipio, de febreiro a novembro, con motivo desta cita transfronteiriza.

A programación contempla máis de 30 programas diferentes durante este 2023 e máis dun centenar de actividades referentes a todas as disciplinas culturais e artísticas, e en todas elas se mesturará o talento lucense, do resto de Galicia e do norte de Portugal. Así mesmo, inclúe actividades de nova creación, xunto con outras xa consolidadas na cidade como o Arde Lvcvs, o San Froilán ou o Caudal Fest.

Nesta páxina tamén se atopa dispoñible información sobre os grandes eventos que se celebran na cidade; os seus tres Patrimonios da Humanidade; os museos e centros culturais de Lugo; así como información sobre outros lugares de interese no municipio e diferentes rutas de sendeirismo.

Evento inaugural

O Auditorio Gustavo Freire acollerá o vindeiro xoves, 23 de febreiro, a partir das 19:30 horas, o evento inaugural da séptima edición da Capital da Cultura do Eixo Atlántico cos concertos do lucense Abraham Cupeiro e a Orquestra Filarmónica de Braga.

Noticias relacionadas