Domingo, 08 de octubre de 2023
Fuente:
Gabinete de Prensa
Bo día!
Dende o Gabinete de Comunicación damos aviso dun Corte no servizo da Rede Municipal de Subministración de Auga previsto para o martes, 10 de outubro.
Esa xornada, o Concello de Lugo procederá a cortar durante a mañá o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga en:
- Rolda da Muralla dende a Avenida da Coruña ata a Rúa Camiño Real.
A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada.
O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte de auga.