O Concello pon en marcha os xogos infantís en dez parques da cidade

Lunes, 12 de noviembre de 2007
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo abre ao público durante estes días outros dez parques infantís en distintas zonas de recreo e descanso da cidade.

Un total de 461.981 euros foron destinados á posta en marcha ou á remodelación, nagún dos casos, das zonas de xogos en Albeiros, Castiñeiro, Illa Verde, polígono do Sagrado Corazón, Casas Sindicais, Aceña de Olga, Praza de Augas Férreas, Fonte dos Ranchos, Praza Roxa e no parque do Sagrado Corazón.

Este gran proxecto consistiu na adecuación das zonas de xogos con pavimento de seguridade, a colocación de xogos novos ou remodelados e reparados nalgún caso. En total foron colocados máis de 60 xogos.

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, indicou que existía a promesa de realizar os cambios necesarios para modernizar todas as zonas de xogo da cidade, así como engadir varias novas en lugares onde existía demanda.

Nos últimos meses tamén foron ampliados e engadidos outros espacios de xogos infantís na cidade como o da praza de Campo Castelo, os de San Roque ou os da Piringalla, estes últimos por un importe de 131.000 euros.