Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Arquivo Municipal

Arquivo Municipal

  • Tema
    • Arquivo

O Arquivo Municipal de Lugo custodia, trata e serve a documentación producida e/ou recibida polo Concello de Lugo ao longo do tempo, durante todo o seu ciclo de vida. O acceso a estes documentos actúa como garante dos dereitos da cidadanía e como medio de proba dos mesmos e tamén é mostra da transparencia administrativa da propia institución.

O Arquivo é memoria viva da cidade de Lugo. A través da documentación custodiada nel pódese estudar a evolución do municipio en multitude de ámbitos ao longo do século XX. Neste sentido, as agrupacións documentais máis consultadas son as seguintes:

  • Libros de actas de Pleno (dende 1900).
  • Expedientes de planeamento urbanístico.
  • Licenzas de obras maiores e menores (dende 1956).
  • Licenzas de actividades (dende 1933).
  • Expedientes de obras municipais.
  • Padróns históricos de habitantes.
  • Expedientes de Quintas
  • Colección de mapas e planos
  • Colección fotográfica Delgado Guisasola (á que podes acceder abaixo facendo clic en “Fondo Fotográfico Municipal”).

Se a isto sumamos a parte do fondo documental municipal que está en depósito no Arquivo Histórico Provincial de Lugo (gran parte da documentación anterior a 1955) as fontes de estudo remóntanse ata a Baixa Idade Media.

Se desexas consultar documentación do Arquivo debes presentar unha solicitude, ben a través da Sede Electrónica do Concello de Lugo, ben presencialmente no Rexistro Xeral. No apartado “Acceso e consulta de documentos do Arquivo” atoparás máis información sobre isto.

Cando nos chegue a túa solicitude, revisaremos o teu caso e darémosche cita para consultar a documentación. Estamos no 3º andar do Centro de Servizos Municipais, situado na Ronda da Muralla, 197, e atendémoste das 9 ás 14 horas. No apartado “Contacto” atoparás todos os medios a través dos cales te podes poñer en contacto connosco para calquera dúbida.

Por último, no apartado “Preguntas frecuentes” que tes na barra lateral poderás acceder a todos os servizos que prestamos e a máis información sobre o Arquivo Municipal.

Máis info:

  • Contacto [1]
  • Acceso e consulta de documentos do Arquivo [2]
  • Fondo Fotográfico Municipal [3]
  • Lugo na Memoria [4]
  • Actas consistoriais do século XVI [5]
  • Actas consistoriais do século XVII [6]
  • Día Mundial do Patrimonio Audiovisual 2019 [7]
  • Día Internacional dos Arquivos 2017 [8]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/arquivo-municipal

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/gl/localizacions/arquivo-municipal
[2] https://concellodelugo.gal/gl/tramites/acceso-e-consulta-de-documentos-do-arquivo-municipal
[3] https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/fondo-fotografico-municipal
[4] http://lugonamemoria.gal/
[5] https://concellodelugo.gal/gl/eventos/o-dia-9-de-xuno-de-1948-unesco-creou-o-consello-internacional-de-arquivos-cia-e-con-ese
[6] https://concellodelugo.gal/gl/eventos/dia-mundial-da-preservacion-dixital-2019
[7] https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/dia-mundial-do-patrimonio-audiovisual-2019
[8] https://concellodelugo.gal/gl/eventos/dia-internacional-dos-arquivos-2017