Prórroga dos prazos de inicio e finalización determinados nas licenzas ou comunicacións previas
Código:
263
Presentación:
Presencial
Descarga
- Tipo
- Licenza | Autorización,
- Prórroga | Renovación
- Ámbito
- Urbanismo, vivenda e solo
- Destinatario
- Cidadanía en xeral
Que documentación hai que presentar?
1.- DOCUMENTACIÓN XENÉRICA QUE TERÁ QUE SER PRESENTADA:
- Tanto na presentación física como na telemática a instancia Modelo 263, que corresponde co procedemento Y007.
- Xustificante de pagamento dos tributos municipais. Para realizar a correspondente autoliquidación dos tributos deberá poñerse en contacto co Servizo de Facenda Local do Concello, presencialmente ou a través do correo electrónico tasasobras@lugo.gal [1].
- No caso de actuar en representación, presentarase a acreditación da mesma.
2.- DOCUMENTACIÓN ADICIONAL PARA AS SOLICITUDES DE PRÓRROGA DE TERMINACIÓN DAS OBRAS:
- Fotografías que permitan identificar o estado actual do inmoble relativo ás obras que se pretenden prorrogar.
- Descrición das obras realizadas e as que faltan por realizar, con indicación neste caso das unidades de obra con medicións e orzamento da parte pendente de realizar.
Como cubrir a instancia/procedemento?
- Deberanse cubrir todos os campos da instancia e aportar a documentación que se requira segundo o caso.
- A falta de datos na instancia ou da preceptiva documentación, suporá o desestimento da solicitude se non subsana a falla.
- A solicitude poderá formularse sempre que o título de habilitación urbanística sexa conforme coa ordenación urbanística vixente no momento da concesión da prórroga.
- A prórroga do prazo deberá ser solicitada antes da terminación do prazo que se pretende prorrogar.
- Nas licenzas a prórroga do prazo non poderá ser superior ao iniciamente acordado e nas comunicacións non poderá superar a metade do prazo establecido.
- No suposto de edificacións iniciadas, a concesión da prórroga estará condicionada a que a edificación sexa rematada exteriormente.
- Para solicitar prórroga do prazo de terminación a obra deberá estar iniciada.
- A concesión da prórroga do prazo de inicio, non prorroga o prazo de terminación.
- O incumprimento dos prazos implica a declaración da caducidade do título de habilitación urbanística, previa audiencia ó/á interesado/a. a resolución será motivada e notificarase nos termos previstos na lexislación do procedemento administrativo.