Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Máis de 35 entidades participaron nunha videoconferencia para abordar as axudas municipais á promoción e ao fomento do deporte lucense

Máis de 35 entidades participaron nunha videoconferencia para abordar as axudas municipais á promoción e ao fomento do deporte lucense

As subvencións, enmarcadas no Plan Estratéxico para o período 2020, irán dirixidas tanto a axudar a sufragar os gastos xerais como ao desenvolvemento de actividades.

O prazo de presentación de solicitudes é dende o 20 de xullo ao 9 de agosto.

Poderán optar a estas axudas todos os clubs e asociacións legalmente constituídos e domiciliados no Concello, que deben estar inscritos no Rexistro Municipal de asociacións.

  • Tema
    • Desenvolvemento social,
    • Deportes,
    • Escolas deportivas,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía,
    • Subvencións municipais
Domingo, 25 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis de 35 entidades participaron nunha videoconferencia para abordar as axudas municipais á promoción e ao fomento do deporte lucense

Máis de 35 entidades deportivas e asociacións sen ánimo de lucro participaron esta semana na videoconferencia organizada polo Concello de Lugo, dende a área de Deportes para informar sobre as axudas para a promoción e o fomento do deporte lucense de 317.000 euros que o goberno de Lara Méndez puxo en marxa para o período 2020.

O concelleiro Mauricio Repetto, incidiu na importancia de “promover e fomentar o deporte e a actividade física no concello de Lugo a través destes fondos”. O edil valorou moi positivamente o encontro telemático pola “alta participación das entidades deportivas lucenses” e puxo de manifesto o alto interese xerado e a boa acollida dos participantes.

Durante a reunión telemática, explicaron polo miúdo as bases do plan e resolveron diferentes dúbidas en canto á solicitude e tramitación das axudas, que se poderán presentar ata o vindeiro 9 de agosto. Ademais de lembrar que tamén poden consultar na páxina web do Concello (www.concellodelugo.gal [1]), no apartado correspondente a subvencións [2], xunto coas bases e anexos desta subvención.

Os e as interesadas poderán presentar as súas solicitudes por medios electrónicos, a través da sede electrónica do Concello de Lugo (www.lugo.gal [3]), no prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da provincia.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/mais-de-35-entidades-participaron-nunha-videoconferencia-para-abordar-axudas-municipais

Ligazóns:
[1] http://www.concellodelugo.gal/
[2] https://concellodelugo.gal/gl/tramites/subvencions-para-entidades-deportivas-sen-animo-de-lucro
[3] http://www.lugo.gal/