Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Concello > Áreas > Concello e Cidadanía > Que facemos? > Asociacións de Lugo

Rexistro municipal de asociacións

  • Tema
    • Asociacionismo

O Concello de Lugo apoia e fomenta o asociacionismo como medida de participación cidadá, tal e como establece o artigo 2 do Regulamento de participación cidadá como un dos principios básicos.

Que é o Rexistro municipal de asociacións?

O Rexistro municipal de asociacións ten por obxecto permitirlle ao Concello coñecer o número de entidades existentes no seu territorio, facilitar as relacións entre estas e o Concello, coñecer os seus fins e a súa representatividade para os efectos de posibilitar o fomento, o asociacionismo e a participación cidadá baixo os criterios de obxectividade, imparcialidade e igualdade.

No Rexistro municipal de asociacións poden inscribirse todas aquelas entidades legalmente constituídas, de funcionamento democrático e sen ánimo de lucro, con domicilio social no concello de Lugo e que desenvolvan as súas actividades neste ámbito xeográfico e as asociacións de ámbito supramunicipal que teñan sede no termo municipal de Lugo e que, polo menos, tres das persoas asociadas estean empadroadas no Concello.Estas entidades clasifícanse para os efectos deste rexistro e da actuación municipal en: asociacións de veciñas e veciños, de carácter social, culturais, educativas, deportivas, de ocio e tempo libre, profesionais e de actividades económicas.

Que documentación hai que presentar?

  • Estatutos da entidade (fotocopia e orixinal para o seu cotexo)
  • DNI das persoas que exercen a presidencia e a secretaría da asociación (fotocopia e orixinal para o seu cotexo)
  • Nº de inscrición no Rexistro xeral de asociacións
  • Datos identificativos das persoas que ocupan cargos directivos
  • Fotocopia do CIF da entidade
  • Programa de actividades do ano en curso
  • Orzamento do ano en curso
  • Certificado do número de socias e socios, asinado pola persoa que exerce a secretaría da asociación e co visto e prace da persoa que exerce a presidencia

No prazo de quince días dende a solicitude de inscrición, salvo que este se interrompa pola necesidade de achegar documentación non incluída inicialmente, o Concello notificaralle á asociación o seu número de inscrición, e considerarase de alta para tódolos efectos.

As asociacións inscritas están obrigadas a notificarlle ó Rexistro Municipal de Asociacións toda modificación dos seus datos dentro do mes seguinte ó que se produzan. Así mesmo, deberán comunicarlle no mes de xaneiro de cada ano o seu orzamento, programa de actividades e número de socios.O incumprimento das devanditas obrigas suporá a apertura do correspondente expediente, que poderá dar lugar á baixa da asociación no rexistro ou á non concesión da subvención solicitada.

Onde se presenta?

A solicitude de inscrición presentarase no Rexistro Xeral do Concello sito na Ronda da Muralla, 197 en horario de luns a venres en horario de 09:00 h a 14:00 h e sábados na Praza Maior, de 10:00 h a 13:00 h. 

Onde se tramita?

Na Oficina de Participación cidadá.

+ info

Asociacións rexistradas
119.52 KB
Asociacións rexistradas (maio 2019)
116.08 KB
Asociacións rexistradas (marzo 2019)
121.41 KB
Asociacións rexistradas (xaneiro 2019)
138.9 KB
Asociacións rexistradas (novembro 2018)
121.79 KB
Asociacións rexistradas (setembro 2018)
126.9 KB
Asociacións rexistradas (xullo 2018)
115.31 KB
Asociacións rexistradas (maio 2018)
100.55 KB
Asociacións rexistradas (marzo 2018)
100.25 KB
Asociacións rexistradas (3 de xaneiro de 2018)

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/asociacions-de-lugo