Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Feliz San Froilán

Feliz San Froilán

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Agenda institucional,
    • Cultura y turismo,
    • Música,
    • Programación cultural,
    • Promoción turística
Martes, 04 de octubre de 2022
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Feliz San Froilán

Volven as festas do San Froilán entrando polo outono galego, e agora si, con toda a súa esencia.

Coas barracas que, con esforzo e protocolos sanitarios xa ilusionaron a nenas e nenos o ano pasado, co tradicional desfile de gando que pon en valor o sector primario e cos eventos deportivos que nos enchen de emoción case a diario. Co  arrecendo a unha boa ración de polbo das casetas ou da hostalería dos nosos barrios, cos pasarrúas que animan os nosos días ou con música para toda a familia. Coas verbenas para bailar agarrados, o Sanfroidance e a electrónica cos que movernos separados e coas gaitas e muiñeiras para sacar punto aparellados. Volven as patronais lucenses que, sen dúbida, cada ano, son un importante revulsivo económico para a nosa cidade.

Pero sobre todo, volve o San Froilán da xente, o dos reencontros familiares, de amizades e veciñanza, e xa, sen máscaras de por medio.

E é que o San Froilán sodes vós.

O San Froilán sodes as persoas que estes días traballades arreo para que todo saia perfecto (policía, bombeiros, sector hostaleiro, xornalistas, fotógrafos, artesás, feirantes…), as que viaxades para visitarnos e as que vos reunides coa familia e amizades enchendo as prazas e rúas de vida, rindo, cantando, comendo e bailando na cidade máis antiga de Galicia, que, un outono máis, volve abrir as 10 portas da Muralla a toda Galicia e a todo o mundo.

Milleiros de grazas por coidar, xeración tras xeración, do noso patrimonio inmaterial e facernos sentir orgullosos de sermos quen e de onde somos!

Feliz e festivo San Froilán a todas e a todos!

Lara Méndez, Alcaldesa de Lugo

***************************
***************************

Más info

  • Felicitación de la alcaldesa de Lugo, Lara Méndez | Descargar jpg [1]
  • Programa del San Froilán 2022 | Descargar pdf [2]

URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/noticias/sauda-da-alcaldesa-de-lugo-lara-mendez

Enlaces:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/felicitacion_san_froilan.jpg
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/programa_san_froilan_2022.pdf