Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cristina López e Iria Buide asistieron al Concurso Coreográfico 2025 organizado por el CDAN

Cristina López e Iria Buide asistieron al Concurso Coreográfico 2025 organizado por el CDAN

  • Tema
    • Animación sociocultural,
    • Cultura y turismo,
    • Programación cultural,
    • Música,
    • Gestión cultural
Jueves, 24 de abril de 2025
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Cristina López e Iria Buide asistieron al Concurso Coreográfico 2025 organizado por el CDAN

As concelleiras Cristina López e Iria Buide asistiron ao Concurso Coreográfico 2025, organizado polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo no Auditorio Municipal Fuxan os Ventos. O certame, que este ano rende homenaxe á recoñecida bailarina e coreógrafa Tamara Rojo, actual directora do San Francisco Ballet, contou coa participación de numerosos bailaríns e bailarinas.

Durante o evento, entregáronse premios en catro categorías: mellor bailarín, mellor bailarina, mellor coreografía e a coreografía máis votada polo público asistente. As concelleiras destacaron a calidade artística das propostas e subliñaron o papel fundamental do CDAN como referente na formación en danza e na promoción das artes escénicas na cidade.

O Concurso Coreográfico forma parte da programación anual do CDAN e reafirma o seu compromiso coa difusión da danza e o apoio ao talento novo dende Lugo.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/noticias/cristina-lopez-e-iria-buide-asistieron-al-concurso-coreografico-2025-organizado-por-el-cdan