Cambio de enderezo no Padrón municipal de habitantes dunha persoa menor de idade
Código:
508
Presentación:
Presencial
Descarga
- Tipo
- Cambio de enderezo
- Ámbito
- Padrón Municipal
- Destinatario
- Menores de idade
Documentación que deberá presentar (en fotocopia)
- Documento de identidade en vigor da nai, pai ou titor/a legal da persoa menor de idade, segundo o caso:
- No caso de persoas de nacionalidade española: DNI.
- No caso de persoas estranxeiras comunitarias: número de identificación de estranxeira/o (NIE) e pasaporte ou documento de identidade do seu país.
- No caso de persoas estranxeiras non comunitarias: tarxeta de residencia ou pasaporte.
- Documento de identidade da persoa coa que se inscribe a/o menor, segundo o apartado anterior.
- No caso de actuar a través de representante legal, documento que acredite a representación (orixinal e fotocopia) e documento de identidade do representante (orixinal).
- Libro de familia.
- Documento que acredite a tutela ou garda e custodia no caso de separación ou divorcio.
- Autorización do proxenitor que non figura empadroado no enderezo da persoa menor de idade.
Onde se presenta?
No Servizo de Estatística
Centro de Servizos Municipais
Ronda da Muralla, 197
Horario: luns a venres, de 9:00 a 14:00
Cal é o prazo para resolver?
Aproximadamente unha semana.
Canto custa?
Gratuíto.
Onde se tramita?
Sección de Estatística – Concello de Lugo.