Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Estratexia Lugo Transforma

Estratexia Lugo Transforma

Presentación: 
Online
Descarga
  • Tipo
    • Fondo de capital risco emprendedores
  • Ámbito
    • Alcaldía,
    • Desenvolvemento Local e Emprego
  • Destinatario
    • Autónomos, microempresas, pemes e familia

[1]

"Vídeo sobre Lugo, o tesouro verde no que invertir"

Estratexia Lugo Transforma

Lugo Transforma, é unha estratexia pioneira en Galicia no ámbito municipal, coa que se mobilizarán 12 millóns de euros a través da constitución dun fondo público emprendedor para a captación de novos investimentos para a cidade, atraer empresas e crear emprego sostible.

A Estratexia Lugo Transforma articularase a través da entrada temporal do Concello no capital de proxectos empresariais innovadores a través da modalidade de fondo de capital risco. Deberán ser proxectos de alto valor engadido, tanto de empresas pequenas ou medianas así como de nova creación, con potencial de crecemento e con alta capacitación naqueles sectores que xeren, preferentemente, impacto social e ambiental.

O Concello aposta por este tipo de fondos de emprendemento, que son moi apoiados no ámbito da Unión Europea porque, por unha banda, permítelle ás empresas o acceso ao financiamento de iniciativas que terían dificultades para acudir a recursos de fontes financeiras tradicionais e, por outra, pola  rendibilidade xerada e a súa contribución ao crecemento económico xa que as empresas participadas son as que en maior medida melloran a súa solvencia e capacidade para obter financiamento privado, presentan un maior rigor na súa xestión, invisten máis en I+D+I e crean máis emprego de calidade.

Pregos da Estratexia Lugo Transforma

  • Pregos (Descargar) [2]

Webs de Interese

Invest in Cities [3]

  • Lugo forma parte da rede de cidades atractivas para a inversión. Trátase da maior iniciativa de atracción de investimento a cidades medias españolas, que se conforma como un gran escaparate para que os municipios presenten as súas vantaxes competitivas e os seus proxectos públicos e privados co fin de atraer investimentos aos seus territorios.

Desenvolvemento Local e Emprego [4]

  • O Centro de Empresas e Innovación é unha iniciativa do Concello de Lugo orientada a ser un instrumento para a promoción económica da cidade e unha ferramenta de apoio para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Noticias de Interese

  • Mércores, 27 de xullo de 2022 | O Concello de Lugo avalía a entrada no accionario de 4 empresas que innovan para modernizar o sector agroalimentario e xurídico [5]
  • Xoves, 14 de xullo de 2022 | Lara Méndez: “A cidade sae reforzada co compromiso que o tecido produtivo amosou co Fondo Lugo Transforma para captar empresas” [6]
  • Luns, 11 de xullo de 2022 | Lara Méndez presenta Lugo Transforma ao Goberno central e esperta o seu interese por habilitar instrumentos financeiros que permitan aproveitar os fondos europeos para xerar iniciativas similares [7]
  • Venres, 05 de novembro de 2021 | Lara Méndez formaliza con Torsa Capital a xestión do fondo municipal emprendedor que transformará Lugo nos próximos 5 anos [8]
  • Martes, 29 de decembro de 2020 | Lara Méndez prevé mobilizar en menos de 5 anos os 12 millóns de euros da estratexia Lugo Transforma para atraer empresas [9]
  • Venres, 20 de novembro de 2020 | A alcaldesa acada o apoio unánime da Corporación á Estratexia Lugo Transforma [10]
  • Luns, 16 de novembro de 2020 | Lara Méndez mobiliza 12 millóns de euros para atraer a Lugo empresas que xeren un alto impacto social e medioambiental [11]
  • Venres, 13 de novembro de 2020 | Lara Méndez adquire o compromiso de Feijóo de apoiar a Estratexia Lugo Transforma e de estudar o centro de saúde para o Sagrado Corazón [12]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/tramites/estratexia-lugo-transforma

Ligazóns:
[1] https://youtu.be/W5gGKCmsF3Q%20
[2] https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink:detalle_licitacion&idEvl=dgwMduy6AhOXQV0WE7lYPw%3D%3D
[3] https://www.investincities.com/lugo/
[4] http://www.desenvolvelugo.org/
[5] https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-avalia-entrada-no-accionario-de-4-empresas-que-innovan-para-modernizar-o
[6] https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-cidade-sae-reforzada-co-compromiso-que-o-tecido-produtivo-amosou-co-fondo-lugo
[7] https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-presenta-lugo-transforma-ao-goberno-central-e-esperta-o-seu-interese-por-habilitar
[8] https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-formaliza-con-torsa-capital-xestion-do-fondo-municipal-emprendedor-que
[9] https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-preve-mobilizar-en-menos-de-5-anos-os-12-millons-de-euros-da-estratexia-lugo
[10] https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-acada-o-apoio-unanime-da-corporacion-estratexia-lugo-transforma
[11] https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-mobiliza-12-millons-de-euros-para-atraer-lugo-empresas-que-xeren-un-alto-impacto
[12] https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-adquire-o-compromiso-de-feijoo-de-apoiar-estratexia-lugo-transforma-e-de-estudar-o