Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Xuventude aposta de novo por conferencias online de nutrición, tras o éxito das masterclass do pasado ano

Xuventude aposta de novo por conferencias online de nutrición, tras o éxito das masterclass do pasado ano

Estas conferencias terán lugar os primeiros mércores de mes, ás 20:30 horas, ata xuño, nas redes sociais oficiais de Xuventude de Lugo.

A planificación desta nova quenda de conferencias arrincará tratando a alimentación vexetariana e vegana.

  • Tema
    • Formación,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís,
    • Novas tecnoloxías
Mércores, 03 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude aposta de novo por conferencias online de nutrición, tras o éxito das masterclass do pasado ano

A  área de Xuventude, que lidera Ana Abelleira, aposta de novo, na programación deste primeiro semestre, por ofrecerlle á mocidade activa de Lugo conferencias online de nutrición. Faino tras o éxito do ciclo de masterclass telemáticas do pasado ano, nas que se obtiveron máis de 25.000 reproducións espalladas en 9 vídeos que tocaron eidos tan importantes como o etiquetado nutricional, mitos nutricionais, como mellorar o sistema inmune, antollos, almorzos, ceas, picoteos e receitas doces saudables.

Sendo a alimentación crucial para o mantemento da saúde, con esas conferencias, o Concello exporá diversos temas de interese para a poboación máis nova, co obxectivo de aportar solucións sinxelas e factibles a cuestións habituais en canto á alimentación se refire; destacou a edil.

Estas conferencias terán lugar os primeiros mércores de mes, ás 20:30 horas, ata xuño, nas redes sociais oficiais de Xuventude de Lugo, a cargo da dietista-nutricionista luguesa Ángeles Novo, quen solventará as posibles dúbidas a través dos comentarios da publicación do vídeo. É dicir esta programación terá lugar mediante a reprodución de vídeos e a interacción coas persoas usuarias respondendo a preguntas.

A planificación desta nova quenda de conferencias arrincará tratando a alimentación vexetariana e vegana. Na sesión do mes de abril elaborarase un menú semanal para estudantes,  en maio, versará sobre como cociñar sano e barato e xuño estará dedicado á alimentación e ao deporte.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xuventude-aposta-de-novo-por-conferencias-online-de-nutricion-tras-o-exito-das-masterclass-do