Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Xunta de Goberno de mañá adxudicará o mantemento dos edificios municipais

A Xunta de Goberno de mañá adxudicará o mantemento dos edificios municipais

Rubén Arroxo: “desde a concellería de Infraestruturas Urbanas estamos a unificar este tipo de contratos para aforrar cartos ás veciñas e veciños”

A Xunta de Goberno aprobará as bases para as axudas de libros de texto e material escolar

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Infraestruturas,
    • Servizos xerais,
    • Urbanismo
Martes, 28 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Xunta de Goberno de mañá adxudicará o mantemento dos edificios municipais

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que a Xunta de goberno de mañá aprobará a adxudicación do prego de mantemento dos edificios municipais. Segundo Rubén Arroxo, “seguindo a liña de outros contratos realizados pola concellería de Infraestruturas Urbanas, unificamos todos os traballos de mantemento dos distintos edificios municipais, o que nos permitirá aforrar cartos ás veciñas e veciños ao mesmo tempo que se realizará o mantemento dos distintos edificios de maneira máis rápida e eficiente”.

No contrato inclúense as pequenas reparacións de cubertas, albañilería, cerraxaría, carpintería, cristalería, pintura e reparacións de mobiliario de todos os edificios municipais. Segundo Rubén Arroxo, “as reparacións realizaranse como máximo dous días despois de ser notificadas á empresa, e no caso de ser urxentes deberase comezar a reparar en dúas horas”.

Axudas a Material Escolar

A Xunta de Goberno aprobará tamén as bases das axudas para libros de texto e material escolar que anualmente concede a Concellería de Educación. Arroxo lembrou que “o Concello realiza un importante esforzo económico para que as familias con baixos recursos poidan contar con estas axudas, mais é importante lembrar que as competencias en educación son da Xunta de Galiza, e desde o Concello de Lugo continuaremos a reclamar que as asuma”.

Audio

  • O edil Rubén Arroxo, sobre a Xunta de Goberno| Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/xunta-de-goberno-de-mana-adxudicara-o-mantemento-dos-edificios-municipais

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200728_ruben_arroxo_xunta_de_goberno.mp3