Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Un total de 150 nadadores de Galicia, Portugal e Asturias daranse cita na VII Travesía a Nado Cidade de Lugo

Un total de 150 nadadores de Galicia, Portugal e Asturias daranse cita na VII Travesía a Nado Cidade de Lugo

A cita, xa consolidada no calendario deportivo do municipio, se celebrará o vindeiro sábado, 20 de xullo.

  • Tema
    • Deportes,
    • Natación
Xoves, 18 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un total de 150 nadadores de Galicia, Portugal e Asturias daranse cita na VII Travesía a Nado Cidade de Lugo

O vindeiro sábado, 20 de xullo, no marco do Calendario Galego de Augas Abertas, vaise a celebrar no entorno do Miño, na zona dos Robles, a VII Travesía a Nado Cidade de Lugo, organizada polo Clube PortaMiñá e que conta coa colaboración do Concello de Lugo e Estrella Galicia.

Segundo sostivo o edil de Deportes, Miguel Fernández, durante a presentación desta travesía, participarán 150 persoas procedentes de Galicia, Portugal e Asturias, de todas as categorías. “Este evento é un clásico xa no calendario deportivo da cidade. Ademais da práctica deportiva, esta iniciativa permitiranos gozar dunha contorna privilexiada como é o noso río, así como dar a coñecer a nosa cidade a todos os participantes e visitantes”.

O concelleiro estivo acompañado na presentación polo presidente do Club Natación PortaMiñá Lugo, Fernando Timiraos, e Pedro Gay, delegado de Estrella Galicia para Lugo.

O voceiro municipal lembrou o traballo que realiza o club organizador non só nesta proba, senón ao longo de toda a tempada deportiva.

Audio

  • Miguel Fernández | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/un-total-de-150-nadadores-de-galicia-portugal-e-asturias-daranse-cita-na-vii-travesia-nado

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/gl/sites/default/files/users/user42478/180719_miguel_fernandez.mp3