Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Últimos 10 días para solicitar as subvencións do Concello para a promoción da igualdade e o deporte feminino e dos dereitos LGTBI+

Últimos 10 días para solicitar as subvencións do Concello para a promoción da igualdade e o deporte feminino e dos dereitos LGTBI+

O Goberno de Lara Méndez puxo en marcha estas axudas por un importe total de 32.100 euros, impulsadas dende a Área de Igualdade e Muller.

Toda a información e documentación necesaria pode consultarse no seguinte enlace: https://bit.ly/38Ny2Bp [1]

  • Tema
    • Deportes,
    • Subvencións municipais,
    • Igualdade,
    • Xuventude
Mércores, 08 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Últimos 10 días para solicitar as subvencións do Concello para a promoción da igualdade e o deporte feminino e dos dereitos LGTBI+

Últimos 10 días para solicitar as subvencións do Concello para a promoción da igualdade e o deporte feminino, así como dos dereitos LGTBI+ . O Goberno de Lara Méndez puxo en marcha estas axudas por un importe total de 32.100 euros, impulsadas dende a Área de Igualdade e Muller que dirixe Silvia Alonso.

Estas subvencións diríxense a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro, que desenvolven a súa actividade no eido da promoción da igualdade de xénero, no fomento do deporte feminino, ocio e actividades que fomenten a integración da muller ou na promoción, a orientación, o asesoramento e a formación sobre dereitos humanos en materia LGTBI+ e sobre diversidade sexual e de xénero.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro venres, 17 de setembro, inclusive, logo de que as bases foran publicadas no BOP o 28 de agosto. Os interesados poderán optar a dúas liñas de subvención:

  • a) Para a promoción da igualdade de xénero para o fomento do deporte feminino, ocio e actividades culturais que fomenten a integración da muller.
  • b) Para a promoción, a orientación, o asesoramento e a formación sobre dereitos humanos en materia LGTBI+ e sobre diversidade sexual e de xénero.

Toda a información e documentación necesaria pode atoparse en http://concellodelugo.gal/gl/tramites/entidades-xuridico-privadas-sen-animo-de-lucro-que-desenvolven-a-sua-actividade-no-eido-da [2]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ultimos-10-dias-para-solicitar-subvencions-do-concello-para-promocion-da-igualdade-e-o-deporte

Ligazóns:
[1] https://bit.ly/38Ny2Bp
[2] https://concellodelugo.gal/gl/tramites/entidades-xuridico-privadas-sen-animo-de-lucro-que-desenvolven-a-sua-actividade-no-eido-da