Entidades Xurídico-Privadas Sen Ánimo de Lucro que desenvolven a súa actividade no eido da Promoción da Igualdade de Xénero, no fomento do deporte femenino, ocio e actividades culturais que fomenten a integración da muller ou na promoción, a orientación, o asesoramento e a formación sobre dereitos humáns en materia LGTBI e sobre diversidade sexual e de xénero. Exercicio 2022

Código: 
919
Presentación: 
Presencial
Online
Descarga

Documentación Xeral

  • Fotocopia do NIF da persoa que actúa como representante.
  • Copia do documento acreditativo da representación que ten a persoa solicitante na entidade ou asociación.
  • Certificación da conta bancaria da asociación.
  • Declaración responsable para os efectos de solicitar (ANEXO IV).
  • Declaración responsable da/o secretaria/o da entidade, co visto e prace da/o presidenta/o da entidade, no que conste a relación de persoas que figuran na xunta directiva, así como as diferentes vogalías ou departamentos dela.
  • Fotocopia do CIF da asociación ou institución que representa
  • Copia dos estatutos ou documentos acreditativos da personalidade da entidade. Na copia dos estatutos deberá figurar o selo xustificativo da inscrición no rexistro público correspondente.
  • Acreditar a súa inscrición, de ser o caso, no Rexistro de fundacións da Xunta de Galicia, no do Estado ou en ambos os dous.
  • Acreditar a súa inscrición, de ser o caso, no Rexistro de entidades relixiosas da Dirección Xeral de Cooperación Xurídica Internacional e Relacións coas Confesións dependente da Subdirección Xeral de Relacións coas Confesións ou en calquera outro rexistro público que as acredite como tal.
  • Documentación acreditativa das súas normas, fins, obxectivos…

Documentación específica:

Cando os obxectivos das subvencións sexan programas de actividades

  • Memoria do programa de actividades, relación gastos/ingresos (ANEXO II)
  • Cando o obxecto da subvención sexan os gastos de mantemento e reparación de infraestructura e equipamento:
  • Memoria da necesidade do gasto (ANEXO III)

Prazo de presentación

  • Do 14/07/2022 ao 04/08/2022, ambos os dous inclusive
 

+ info

Solicitude 919 | Entidades Xurídico-Privadas Sen Ánimo de Lucro que desenvolven a súa actividade no eido da Promoción da Igualdade de Xénero