Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Tenencia de Alcaldía iniciará o vindeiro mércores a renovación do firme entre os números 254 e 310 da avenida das Fontiñas

A Tenencia de Alcaldía iniciará o vindeiro mércores a renovación do firme entre os números 254 e 310 da avenida das Fontiñas

Alexandre Penas: "continuamos a mellorar as rúas da cidade, actuando nun treito de Fontiñas que se atopa moi deteriorado".

Os traballos terán unha duración de 4 días, e requerirán de modificacións no tráfico rodado.

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Transporte,
    • Tráfico,
    • Urbanismo
Luns, 27 de outubro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Tenencia de Alcaldía iniciará o vindeiro mércores a renovación do firme entre os números 254 e 310 da avenida das Fontiñas

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas anunciou que o vindeiro mércores darán comezo os traballos de renovación do firme na avenida das Fontiñas, nun treito comprendido entre os números 254 e 310 en dirección cara á avenida de Madrid. Trátase dunha intervención destinada "a mellorar o estado dun dos treitos máis desgastados dunha das vías de Lugo que acollen máis tráfico", explicou Alexandre Penas. A Tenencia de Alcaldía traballa para garantir "unha circulación máis segura e cómoda tanto para os condutores como para os peóns", destacou Penas.

Penas explicou que estes traballos consistirán na instalación dunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, e na renovación da sinalización horizontal unha vez rematen os traballos.

Para a execución dos traballos faise necesario entre os números 254 e 310 de Ronda das Fontiñas, ocupar todo o ámbito da calzada, as prazas de estacionamento e os carrís de circulación existentes con dirección Ronda das Mercedes. Debido a isto, o tránsito de vehículos desviarase por Rúa Sanxillao, Rúa Rof Carballo Humanista, Avenida Vila Verde Cidade de Portugal, Rúa do Nubeiro, Rúa Rei Don García e Rúa Montirón. En todo momento garantirase o tránsito peonil na zona, os accesos a vivendas, garaxes e locais comerciais, deixando espazo suficiente para que os peóns e usuarios circulen con seguridade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/tenencia-de-alcaldia-iniciara-o-vindeiro-mercores-renovacion-do-firme-entre-os-numeros-254-e