Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Tenencia de Alcaldía continúa coas melloras na Avenida de Madrid cunha nova actuación de mellora do firme

A Tenencia de Alcaldía continúa coas melloras na Avenida de Madrid cunha nova actuación de mellora do firme

Alexandre Penas: "seguimos traballando para garantir a seguridade viaria traballando nun firme axeitado nas distintas zonas de Lugo".

O edil de Infraestruturas reclamou ao Goberno do Estado "que garanta o mantemento axeitado das infraestruturas da súa competencia", en relación á rotonda do fondo da Avenida de Madrid e á incorporación á N-VI desde a Avenida Breogán.

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Urbanismo
Martes, 27 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Tenencia de Alcaldía continúa coas melloras na Avenida de Madrid cunha nova actuación de mellora do firme

O edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou a Avenida de Madrid, onde continúan os traballos de mellora da vía postos en marcha pola Tenencia de Alcaldía. Nos últimos días, renovouse a sinalización horizontal da rúa, e actualmente os traballos continúan co bacheo da zona inferior da rúa.

Alexandre Penas afirmou que "desde a Tenencia de Alcaldía seguimos traballando para mellorar os espazos públicos, planificando os traballos en base ás visitas aos barrios e ás reclamacións da veciñanza", e reclamou ao Goberno do Estado "que se implique á hora de mellorar os espazos públicos de Lugo". Penas afirmou que Lugo conta con dúas infraestruturas "que demostran o estado de abandono no que deixan a Lugo", como son a rotonda do final da Avenida de Madrid e a unión da N-VI coa avenida de Breogán e a Estrada de Santiago.

A Tenencia de Alcaldía planifica a realización destas intervencións nos meses de verán, aproveitando as condicións climáticas favorables desta época do ano, xa que o bo tempo é esencial para garantir a calidade do asfaltado, garantindo que a solución aplicada dure o máximo tempo posible en bo estado. Penas destacou o compromiso da Tenencia de Alcaldía coa mellora das rúas da cidade, mellorando tanto o estado do firme como o pintado, aumentando a seguridade de peóns, ciclistas e persoas con mobilidade reducida, reducindo resbalóns nos pasos de peóns e aumentando a seguridade.

Audio

  • O edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre a Avenida de Madrid | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/tenencia-de-alcaldia-continua-coas-melloras-na-avenida-de-madrid-cunha-nova-actuacion-de

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/250527_alexandre_penas_avenida_de_madrid.mp3