Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo e Iria Buide reciben no Concello aos estudantes do IES Muralla Romana que representarán a Lugo na fase final do certame de programación "ProgramaMe"

Rubén Arroxo e Iria Buide reciben no Concello aos estudantes do IES Muralla Romana que representarán a Lugo na fase final do certame de programación "ProgramaMe"

Os tres estudantes gañadores, Juan David Artunduaga, Brais Darriba e Xoán Sangiao, xunto co seu profesor Alberto Barreira e a xefa do departamento de informática do centro, Esther López, visitaron o Concello co Tenente de Alcalde e a concelleira de Educación.

O IES Muralla Romnana representará a Galiza na fase final que se celebrará preto do final do curso escolar nas instalacións da Universidade Complutense de Madrid.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Benestar social,
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública
Xoves, 03 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Iria Buide reciben no Concello aos estudantes do IES Muralla Romana que representarán a Lugo na fase final do certame de programación "ProgramaMe"

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo xunto coa edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, recibiron no concelllo aos estudantes do IES Muralla Romana que resultaron gañadores da primeira fase do concurso de programación para centros de FP "ProgramaMe", e que representarán a Galiza na final que se celebrará de xeito presencial nas instalacións da Universidade Complutense de Madrid.

Os concelleiros parabenizaron ao grupo de estudantes, formado por Juan David Artunduaga, Brais Darriba e Xoán Sangiao, que visitaron o centro xunto co profesor de programación Alberto Barreira e a xefa do departamento de Informática, Esther López. Trátase do grupo que conseguiu o primeiro posto entre os 96 grupos de estudantes de todo o estado, entre os que se atopaban 3 grupos deste centro lucense.

A concelleira de Educación e o Tenente de Alcalde destacaron que Lugo conta xa "cun grupo dos mellores programadores do Estado", e trasladaron o seu apoio de cara á fase final estatal.

ProgramaMe é un concurso organizado a nivel estatal para estudantes matriculados en ciclos formativos de formación profesional na rama de programación. Os centros participan en equipos formados por tres alumnos. Durante a competición, os participantes dispoñen de 4 horas para resolver entre 8 e 12 problemas, sendo 10 os máis habituais. Deben programar as súas solucións en C, C++ ou Java.

O gañador é o equipo que resolve correctamente máis problemas. En caso de empate, gaña o equipo que menos tempo acumulado necesitou para realizar as súas correctas entregas. Para calcular o tempo acumulado de cada equipo, súmase o tempo transcorrido desde o inicio da competición ata o momento de cada presentación aceptada.

Audio

  • A edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, sobre a recepción ós estudantes do IES Muralla Romana | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-e-iria-buide-reciben-no-concello-aos-estudantes-do-ies-muralla-romana-que

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/250403_iria_buide_recepcion_estudantes_ies_muralla_romana.mp3