Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitan a praza do Sagrado Corazón

Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitan a praza do Sagrado Corazón

Rubén Arroxo: “esta conversión permitirá gañar un novo espazo peonil que actualmente xa é moi utilizado pola veciñanza da zona”

O Tenente Alcalde e o edil de Infraestruturas visitaron a praza cuxa renovación integral ten un prazo de execución de 3 meses

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Urbanismo
Luns, 11 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitan a praza do Sagrado Corazón

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo e o edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron a praza do Sagrado Corazón, que está a ser renovada. Rubén Arroxo explicou que “este espazo converterase nun punto de encontro necesario para a veciñanza do Sagrado Corazón, mellorando a imaxe e a seguridade da zona”.

O Goberno de Lugo inviste 86.020€ nesta intervención, que ten un prazo de execución de 3 meses. Xunto coa transformación da rúa, renovaranse tamén os servizos como o alumeado, cuxa instalación se soterrará. Ademais, renovarase o illamento e a impermeabilización do edificio e renovarase o mobiliario urbano.

Coa renovación do alumeado público avanzarase na implantación de luminarias LED, que contan con consumos inferiores ás luminarias instaladas actualmente, e terán unha tonalidade máis agradable que a actual.

Rubén Arroxo explicou que “o novo alumeado mellorará a seguridade da zona, ao contarse cunha luz máis uniforme, ao mesmo tempo que se mellora a estética da zona e se reduce o consumo enerxético”.

Audio

  • O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, sobre a visita á praza do Sagrado Corazón | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-e-alexandre-penas-visitan-praza-do-sagrado-corazon

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/211011_ruben_arroxo_praza_sagrado_corazon.mp3