Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A rexedora reivindica a importancia da recuperación económica e a creación de emprego no Premio Peme do Ano de Lugo

A rexedora reivindica a importancia da recuperación económica e a creación de emprego no Premio Peme do Ano de Lugo

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Economía,
    • Emprego
Martes, 12 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A rexedora reivindica a importancia da recuperación económica e a creación de emprego no Premio Peme do Ano de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu este martes ao acto de entrega da 6º edición do Premio Peme do Ano de Lugo, outorgado á empresa Vinigalicia. Certame que foi posto en marcha pola Cámara de España e o Banco Santander e conta na provincia de Lugo coa colaboración da Cámara lucense e El Progreso.

A rexedora falou da importancia da recuperación económica e da implicación do Concello  lucense “a través do fondo emprendedor municipal Lugo Transforma, de 12 millóns de euros, que servirá de impulso á economía verde, ao talento e á creación de emprego sostible”. Iniciativa pioneira en Galicia no ámbito municipal, que se articula a través da entrada temporal do Concello no capital de proxectos empresariais innovadores na modalidade de fondo de capital risco, “para que haxa traballadores e emprego en Lugo, evidentemente, ten que haber empresas” apuntaba Méndez.

A organización concedeu ademais catro accésits a outras tantas empresas. O de internacionalización recaeu en Adegas Guímaro; o de innovación e dixitalización en MBC Servicios Audiovisuales; o de Pyme sostible, a Cárnicas Teijeiro e o de formación e emprego a Costanor S. XXI.

O acto, tivo lugar na oficina principal do Banco Santander na capital lucense, asistiron, entre outras autoridades, o Presidente da Deputación, José Tomé; o Presidente da Cámara de Comercio de Lugo, Xabier  Díaz; o Director de  Zona de  Lugo do Banco Santander, David Suárez e o Director financeiro do Grupo El Progreso, Rafael Núñez.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/rexedora-reivindica-importancia-da-recuperacion-economica-e-creacion-de-emprego-no-premio-peme