Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Recoñecemento de Lugo aos deportistas do Circuíto Larsa Corre con Nós, protagonistas deste evento deportivo xa consolidado

Recoñecemento de Lugo aos deportistas do Circuíto Larsa Corre con Nós, protagonistas deste evento deportivo xa consolidado

O Goberno organizou por segundo ano consecutivo unha gala, na que foron premiados máis de 120 atletas

Lara Méndez, Miguel Fernández, Ana Prieto, Rosana Rielo, e outros membros da Corporación, foron os encargados de entregar os distintos trofeos e diplomas, nunha cita que acolleu o Auditorio Municipal Gustavo Freire

  • Tema
    • Deportes,
    • Corre con nós
Domingo, 02 de decembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Recoñecemento de Lugo aos deportistas do Circuíto Larsa Corre con Nós, protagonistas deste evento deportivo xa consolidado

O Goberno de Lugo volveu premiar aos e ás atletas do Circuíto Larsa Corre con Nós coa segunda gala deste circuíto. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e as concelleiras de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico e Concello e Cidadanía, Ana Prieto e Rosana Rielo, respectivamente; e outros membros da Corporación Municipal, foron os encargados de entregar os distintos trofeos e diplomas nunha cita que tivo lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire e na que tamén estivo presente a danza e a música. Tamén houbo sorteo de agasallos.

En total, máis de 120 atletas foron premiados no evento que conduciu o deportista Felipe Barata, e no que tamén estiveron presentes representantes dos distintos patrocinadores que ano tras ano apoian este circuíto, sen os cales o éxito das distintas carreiras que engloba non sería o mesmo. Entregáronse distintivos para as seguintes categorías:

  • Liga Larsa de adultos
  • Liga Caixa Rural categorías menores
  • Liga escolar Decathlon
  • Clasificación Coca-Cola por equipos
  • Clasificación familiar Centro comercias As Termas
  • Clasificación Larsa final por sexos
  • Clasificación Larsa final compensada

Ademais, esta cita tivo un oco para o recoñecemento a unha figura emblemática do atletismo popular lucense, Daniel Aguilar.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/reconecemento-de-lugo-aos-deportistas-do-circuito-larsa-corre-con-nos-protagonistas-deste