Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Praza Maior acolle a feira ecolóxica Ágora Verde, coa que colabora o Concello

A Praza Maior acolle a feira ecolóxica Ágora Verde, coa que colabora o Concello

Lara Méndez, Sonsoles López e José Antonio Fernández visitaron os postos que venderán os seus produtos ata domingo

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Consumo
Venres, 27 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Praza Maior acolle a feira ecolóxica Ágora Verde, coa que colabora o Concello

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, e o Presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), José Antonio Fernández, visitaron esta tarde os postos da feira ecolóxica Ágora Verde, que acolle dende esta tarde e ata domingo a Praza Maior. O Concello colabora con esta iniciativa, posto que a agricultura ecolóxica supón unha oportunidade económica e de emprego para o municipio, e máis tendo en conta que Lugo é lider neste sector, concentrando a provincia máis da metade das 20.000 hectáreas que hai de produción en toda Galicia.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/praza-maior-acolle-feira-ecoloxica-agora-verde-coa-que-colabora-o-concello