Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Policía Local achega o seu traballo ao alumnado de segundo de primaria do Colexio PP Franciscanos

A Policía Local achega o seu traballo ao alumnado de segundo de primaria do Colexio PP Franciscanos

  • Tema
    • Infancia,
    • Educación
Venres, 08 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Policía Local achega o seu traballo ao alumnado de segundo de primaria do Colexio PP Franciscanos

Esta mañá o alumnado de segundo de primaria, do Colexio PP Franciscanos, tivo a oportunidade de coñecer, en primeira persoa en que consiste o traballo dun Policía Local. Unha axente da Xefatura de Lugo trasladábase hoxe ao centro educativo para compartir coas nenas e nenos as tarefas que desempeña o Corpo e o servizo, tan importante, que presta á cidadanía

A xornada tivo lugar no marco do proxecto “Así Falamos”, dentro das materias de ciencias, para achegar ao estudantado as diferentes profesións dunha maneira próxima, coloquial e directa, contada polos seus protagonistas. O ciclo inclúe tamén outras actividades como visitas a un obrador de pan e mesmo a creación dun xornal e a elaboración de anuncios e entrevistas por parte dos cativos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/policia-local-achega-o-seu-traballo-ao-alumnado-de-segundo-de-primaria-do-colexio-pp