Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Paula Alvarellos recibe á presidenta do COEL a quen felicitou pola súa recente renovación na directiva

Paula Alvarellos recibe á presidenta do COEL a quen felicitou pola súa recente renovación na directiva

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Benestar social,
    • Sanidade
Xoves, 06 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos recibe á presidenta do COEL a quen felicitou pola súa recente renovación na directiva

A Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo o que foi o primeiro encontro institucional coa presidenta do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo, María Núñez Otero, quen o pasado mes de maio renovou por outros catro anos como presidenta ao fronte deste colexio profesional, que conta con máis de 250 colexiados. Alvarellos Fondo aproveitou a reunión para “felicitar a toda a xunta directiva que nos últimos catro anos deu un importante impulso ao órgano colexial, prestando especial atención á formación continua dos odontólogos; a mellorar a comunicación coa sociedade; ou a posta en marcha de programas de concienciación sobre a hixiene e a prevención bucodental, como a constitución da Fundación Clínica Dental Solidaria”. A Alcaldesa de Lugo sinalou que “desde o Concello de Lugo agardamos poder colaborar neste tipo de campañas tan importantes para inculcar bos hábitos de saúde”. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/paula-alvarellos-recibe-presidenta-do-coel-quen-felicitou-pola-sua-recente-renovacion-na