Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Paula Alvarellos recibe á nova presidenta do Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, Eva Gómez

Paula Alvarellos recibe á nova presidenta do Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, Eva Gómez

"A crise sanitaria ensinounos que a enfermaría é fundamental no coidado das persoas. Debemos seguir recoñecendo o seu valor, non só co aplauso, senón con melloras reais", afirmou durante o encontro a alcaldesa.

 
  • Tema
    • Alcaldía,
    • Benestar social
Venres, 27 de setembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos recibe á nova presidenta do Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, Eva Gómez

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu hoxe na Casa do Concello á nova presidenta do Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, Eva Gómez, quen estivo acompañada polo presidente da Academia de Enfermaría de Galicia, Isidoro Rodríguez. Durante o encontro, a rexedora destacou o compromiso do Concello de Lugo en colaborar estreitamente co colectivo para abordar os principais retos que afrontan as enfermeiras, como a estabilización laboral e a mellora das condicións de traballo na provincia.

Alvarellos subliñou a importancia da profesión enfermeira na sociedade, especialmente tras o impacto da pandemia: "A crise sanitaria ensinounos que a enfermaría é fundamental no coidado das persoas. Debemos seguir recoñecendo o seu valor, non só co aplauso, senón con melloras reais". Por outra banda, desexoulle éxito a Eva Gómez nesta nova etapa e reafirmou a disposición do Goberno local para avanzar xuntos na consecución dos seus obxectivos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/paula-alvarellos-recibe-nova-presidenta-do-colexio-oficial-de-enfermaria-de-lugo-eva-gomez