Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Paula Alvarellos recibe a Galileo D'Agostino e a José Antonio Varela Agrelo na Casa do Concello de Lugo

Paula Alvarellos recibe a Galileo D'Agostino e a José Antonio Varela Agrelo na Casa do Concello de Lugo

"É unha honra recibir a figuras como Galileo D'Agostino, cuxa traxectoria na Corte de Apelación de Roma e como maxistrado de enlace entre Italia e España é un referente en Europa”, destacou a rexedora.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional
Xoves, 12 de setembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos recibe a Galileo D'Agostino e a José Antonio Varela Agrelo na Casa do Concello de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu hoxe ao conselleiro da Corte de Apelación de Roma, Galileo D’Agostino, e ao expresidente da Audiencia Provincial de Lugo e actual maxistrado no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José Antonio Varela Agrelo. O encontro, que forma parte do programa de intercambio de maxistrados da Rede Europea de Escolas Xudiciais, subliña a cooperación internacional en materia xudicial.

“É unha honra recibir a figuras como Galileo D'Agostino, cuxa traxectoria na Corte de Apelación de Roma e como maxistrado de enlace entre Italia e España é un referente en Europa”, sinalou a alcaldesa. Ademais, Alvarellos expresou a súa satisfacción por compartir con ambos profesionais: “Como avogada de formación, fáime especial ilusión poder intercambiar impresións con colegas que fixeron tanto pola xustiza, como Varela Agrelo, que segue a aportar moito dende o TSXG”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/paula-alvarellos-recibe-galileo-dagostino-e-jose-antonio-varela-agrelo-na-casa-do-concello-de